Related Posts with Thumbnails

17 abril 2008

Milladoiro






"Coñecíamonos de tempo atrás, algúns dos comezos da década dos 70, outros de toda a vida”

Tres levaban recorrendo Galicia nas romerías, nas festas, nos teatros... sempre en contacto cos vellos gaiteiros herdeiros directos da tradición: Os Campaneiros, os irmáns Garceiras, os Areeiras, os Rosales e un longo etcétera foron colegas, mestres e compañeiros. Son Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Ramón García Rei que formaban “Faíscas do Xiabre”, grupo de música tradicional nacido á beira do Ulla, en Catoira, quen deixaron un fermoso disco que deron en titular “In Memoriam”.

Doutra banda estaban dous músicos que anos antes colleran a teima das sonoridades e instrumentos medievais. Naquela época a zanfona, a cítola, a ocarina, o freixolé converteron os seus pasos nunha especie de pelegrinaxe por Galicia adiante buscando quen as tiña, quen as facía, onde se podían atopar. Eran tempos non abondosos e a inquedanza era testemuña dunha realidade precaria, pero aínda así apostaron por emprender o camiño. Son Rodrigo Romaní e Antón Seoane. Froito do seu traballo naceu o disco “Milladoiro”, Premio da Crítica no ano 78.
Coñeceron a quen nese tempo botaba a andar o cerne do futuro Grupo de Cámara da Universidade de Compostela. Fondos musicais de catedrais, arquivos de música antiga eran o seu afán, e así pasaron de cinco a seis coa chegada de Xosé A. Méndez. Tan só faltaba atopar violinista, tarefa cáseque imposible na Galicia de entón, mais a emigración foi xenerosa e devol-veu ó país a quen marchara no seu día: Laura Quintillán, violinista de Milladoiro nos anos 79 e 80. Posteriormente substituida por Michel Canada.
Actualmente o posto de violinista na formación ven sendo ocupado por Harry.C
No ano 2000, prodúcese o relevo no grupo de Rodrigo Romaní coas incorporacións do harpista e ocarinista Roi Casal e máis a do guitarrista Manú Conde.

“"Compartíamos e compartimos a paixón pola música e polo noso país; pero sendo conscientes de que o camiño, o emblemático camiño de Santiago, é vía de dúas direccións e de aí o noso nome. Os milladoiros que guiaban os pasos dos pelegríns que se achegaban a Galicia, permitíronos abrirnos ás moitas influencias que enriqueceron esta esquina de Europa.
Somos e sentímonos de aquí na medida en que cremos coñecer e respectamos o mosaico temporoespacial rico e diverso en que vivimos. Non pretendemos proclamas coa música, tan só divertir e divertirnos con este tesouro que son as melodías que esta terra nos legou, froito de xeracións anónimas de músicos tradicionais.
A nosa ilusión sería devolverlle o moito recibido en forma de música fermosa e viva que nos axude como país a manter un lugar de identificación colectivo que nos permita seguir existindo baixo o irremediable manto da aldea global.
Así foi e segue sendo a nosa pequena historia, a historia que empezou no outono de 1978 e que dimos a coñecer por vez primeira un 15 de maio de 1979 no Auditorio dos Salesianos de A Coruña.”

1 comentarios:

}
Mirada dijo...

Estou moi emocionada...
Quérote. Moitas grazas.

Mi otro blog

  • Holoturoideo - *"La causal aparente, la causal príncipe, sería una, por descontado. Pero el suceso era el precipitado de toda una gama de casuales que soplando a pleno p...
    Hace 11 horas

Archivo

 | 
ecoestadistica.com